Blogia
vgomez

TEMPO DE CASTAÑAS

TEMPO DE CASTAÑAS

 

A viñeta de O Carrabouxo, no xornal La Región, fai referencia a unha festa galega de moita sona, que aparaca temporalmente os problemas da vida: O magosto.

O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, retrasouse ata o día 11, San Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, convertíndose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e viño novo, entre outros.

O magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do monte,  comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas. Hoxe en día séguese a facer nos fornos das casas, en asocicacións de veciños e en colexios.

Era costume que as mozas trouxeran as castañas e os mozos o viño; noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas. Aínda que había que picar (ou sinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban e bailaban, nalgúns casos saltando sobre os restos da fogueira.

Unha festa popular que non debe perderse! Se queres coñecer algo máis sobre esta festa, a castaña, o castiñeiro e incluso xogar interactivamente pincha aqui:O MAGOSTO, eso si, dalle un chisco de tempo a que cargue.

0 comentarios