Facebook Twitter Google +1     Admin

O OURIZO CACHO

20101229161058-2.jpg

Hoxe chegoume un correo sobre o OURIZO ou tamén chamado OURIZO CACHO, que quero compartir con vós.

                             A FÁBULA DO OURIZO
 
Durante a
Idade do Xeo, moitos animais norreron a causa do frío. Os ourizos dándose conta da situación, decidiron unirse en grupos. Desa maneira abrigaríanse e protexeríanse entre si, pero as espiñas de cada un ferían aos compañerios máis próximos, os que xusto ofrecían máis calor. Polo tanto decidiron afastarse uns doutros e empezaron a morrer conxelados. Así que tiveron que facer unha elección, ou aceptaban as espiñas dos seus compañeiros ou  desaparecían da Terra. Con sabiduría, decidiron volver a estar xuntos. Desa forma aprenderon a convivir coas pequenas feridas que a relación cunha persoa moi próxima pode ocasionar, xa que o máis importante é a calor do outro.

Deste xeito puideron sobrevivir.

Moralexa da historia:
A mellor relación non é aquela que  xunta ás persoas perfectas, senón a aquela na que cada individuo aprende a vivir cos defectos dos demais e admirar as súas cualidades.

 

29/12/2010 16:31. vgomez #. OUTRAS COUSAS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.