Facebook Twitter Google +1     Admin

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2011-2012

20110603182558-calendario3.jpg

Calendario escolar

O calendario escolar para o vindeiro curso 2011/2012, atendendo ao establecido pola Lei Orgánica de Educación (LOE) de 2006, terá 175 días lectivos.

Deste xeito as clases en educación infantil, na educación especial e na educación primaria, comezarán o 12 de setembro de 2011 e rematarán o 22 de xuño. No caso da educación secundaria obrigatoria, o bacharelato, a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 16 de setembro de 2011 e o 22 de xuño de 2012. No segundo curso de bacharelato as actividades lectivas ordinarias rematarán de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade.

Nos primeiros días do mes de setembro e ata o día 6 como máximo realizaranse as probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2010/2011 para o alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Días non lectivos e conmemoracións

Respecto dos períodos de vacacións, as de Nadal abranguerán desde o día 22 de decembro de 2011 ata o día 8 de xaneiro de 2012, as de Semana Santa do 2 ao 9 de abril, e as de Entroido os días 20, 21 e 22 de febreiro. Ademais serán días non lectivos os festivos e as festas laborais de carácter local e, os centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local non coincida con días de clase,  poderán solicitar un ou dous días non lectivos. O día do ensino, tamén non lectivo, celebrarase o 31 de outubro.

Xa con consideración de días lectivos, durante o curso escolar os centros celebrarán as conmemoracións da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia, o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o Día da Paz, o Día Internacional da Muller Traballadora, o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, a Semana da Prensa, o Día do Libro, o Día Mundial da Saúde, o Día de Europa, a Semana das Letras Galegas e o Día Mundial do Ambiente.

Para coñecer polo mído o contido dp calendario pincha AQUÍ.

FONTE: Consellería de Educación e O.U.

 


04/06/2011 11:45. vgomez #. COMUNICADOS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next