Facebook Twitter Google +1     Admin

ALERTA ALIMENTARIA

20110630101308-gran-20110307095509aesan.jpg

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) endureceu as recomendacións sobre o consumo de alimentos que teñan un elevado contido en mercurio (grandes peixes), cadmio (crustáceos) e nitratos (hortalizas).

Os metais e a súa toxicidade

- O mercurio é un metal pesado que, na súa forma máis tóxica (metilmercurio), pode provocar alteracións no desenvolvemento neuronal do feto e en nenos de curta idade. Os peixes cun maior contido en mercurio son o peixe espada, a quenlla, o atún vermello e o lucio. AESAN recomenda evitar o seu consumo ás mulleres preñadas ou en período de lactancia e aos nenos menores de tres anos. No caso dos nenos de entre tres e 12 anos, a axencia recomenda limitar a 50 gramos á semana o consumo de cualquera destes peixes.

- O nitrato atópase de maneria natural nos vexetais. Os que máis o absorben son as espinacas, a leituga, as acelgas e a remolacha. Unha elevada inxesta pode provocar cianosis no caso dos bebés, e tamén vincúlase co cáncer gástrico. AESAN recomenda evitar as espinacas e acelgas nos purés dos nenos menores dun ano, e non dar máis dunha ración ao día aos nenos de entre un e tres anos.

- O cadmio é un metal pesado xenerado por actividades mineiras e industriais, e liberado ao medio ambiente pola queima de combustibles ou a incineración do lixo. Tende a acumularse no fígado e no ril, e pode chegar a causar disfunción renal. Concéntrase sobre todo nas cabezas dos crustáceos, polo que AESAN recomenda limitar o seu consumo.

FONTE: El País

01/07/2011 09:23. vgomez #. OUTRAS COUSAS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.