Facebook Twitter Google +1     Admin

IMOS Á PRAIA DE XEITO ECOLÓXICO

20110712102209-medioambiente.jpg

 O comportamento ecolóxico e cívico pódese levar a tódalas partes, e a praia non é unha excepción. As sinalizacións e as zonas acoutadas como sensibles débense respectar. Na maioría das praias, os animais de compañía están prohibidos para evitar que os seus excrementos acaben na area. As duchas non están para desbaldir a auga, un ben cada vez máis escaso, senón para se dar unha mollada rápida e quitar a salitre da auga do mar. E, por suposto, non se deben usar xabóns ou xampús, que van directos á praia e causan un forte impacto. A contaminación acústica debida á música con excesivos decibelios ou aos berros da xente tamén contribúe a romper o equilibrio natural e a tranquilidade dos outros usuarios.

As praias contan co seu propio ecosistema e hai que tratar todos os seus elementos con coidado. As dunas protexen as praias da erosión, das treboadas e das ondas, e son o fogar de diversas especies de plantas e animais. Algúns destes seres están en perigo, como as corais, e por iso non hai que caer na tentación de tocalos, movelos ou levalos de recordo, e moito menos se son especies en perigo de extinción.

Por outro lado, son moitas as persoas que aproveitan os meses de verán para realizar actividades ao aire libre que teñen como escenario a praia e como protagonista o barco de vela ou remo, as canoas e as táboas de surf, preferibles todas elas ás embarcacións de motor ou ás ruidosas motos acuáticas. Para rematar, o día de praia non remata ao limparmos a area coa toalla, mudar a roupa e arredármonos da praia. A xornada esténdese ata que chegamos ao lugar de residencia, xa sexa un apartamento, un hotel ou o noso propio lar, onde os consellos para aforrar enerxía ou auga tamén se deben aplicar. Nos hoteis non hai por que utilizar todas as xabóns todos os días, nin malgastar a auga con longos baños en nome do "todo incluído". No intre de planificarmos as vacacións tamén se pode ter en conta a contratación de hoteis ecolóxicos, aqueles que teñen especial coidado co medio.

FONTE: Revista Eroski Consumer. Xullo 2011.

16/07/2011 23:37. vgomez #. ZONA VERDE

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.