Facebook Twitter Google +1     Admin

PAMPAPHONEUS BICCAI

Publicado: 18/01/2012 09:38 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20120117192343-cranio-pampaphoneus-biccai.jpg

Foto do cranio en Rio Grande do Soul (Brasil) / J.C. Cisneros

Hai 270 millóns de anos, no Pérmico, no territorio que agora ocupa Sudamérica, vivíu un carnívoro depredador, de máis envergadura que un león, e uns seis metros de lonxitude, que chegou a colonizar boa parte do planeta, onde aínda non existían os dinosaurios. Trátase dun dinocéfalo, un "cabeza terrible" que pertenceu á familia dos réptiles (terápsidos) e que vivíu en Brasil. Neste país sudamericano un equipo internacional lograou localizar o cranio completo dun exemplar, cuxa especie foi bautizada como "Pampaphoneus biccai".

O dinocéfalo é un réptil mamaliforme, parente alexado dos mamíferos. Tiñan incisivos entrelazados, polo que eran moi cortantes, e certo engrosamento nos ósos do cranio, que suponse que era unha adaptación ás embestidas doutros conxéneres cando disputában polo territorio ou polas femias. Algunhas especies incluso desenvolveron un corno.

Neste caso concreto do del Pampaphoneus biccai, chamado así por ser atopado na rexión da Pampa do Rio Grande do Soul e o nome do propietario da granxa onde foi encontrado Jose Bicca, o cranio descuberto mide uns 35 centímetros de lonxitude.

O achádego é importante, pois é o carnívoro terrestre máis antigo de Sudamérica, ou para ser máis exacto, o "superdepredador", como o son os felinos de hoxe en día.

FONTE: Xornal El Mundo

Comentarios  Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.