Facebook Twitter Google +1     Admin

CHEGA O ASTEROIDE 433 EROS

Publicado: 01/02/2012 08:20 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20120131172314-eros.jpg

O asteroide Eros, captado pola sonda NEAR / NASA

O asteroide 433 Eros pasará hoxe a 26,7 millóns de quilómetros da Terra, na súa viaxe máis próxima ao planeta dende 1975.

433 Eros é un asteroide do tipo S, o que significa que ten unha composición de silicatos de magnesio e ferro. Este tipo de corpos representan arredor do 17% dos asteroides coñecidos, son moi brillantes e os máis comuns no cinto interior de asteroides.

En febreiro do 2000 a nave espacial NEAR Shoemaker da NASA aterrou sobre a súa superficie. A través de máis de 160.000 imaxes da súa superficie identificáronse máis de 100.000 cráteres e axudou aos investigadores a concluír sobre a súa composición.

A NASA sinalou que, a pesar da proximidade do asteroide, non hai perigo de colisión coa Terra xa que hai "unha distancia moi respectable". Neste sentido, precisou que pasará a máis de 80 veces a distancia á que pasou o 2005 YU55 no novembro pasado, que se achegou ao noso planeta a unha distancia inferior á órbita da Lúa sen ningún tipo de perigo.

Segundo indicaron os expertos, aqueles que queirades ver o corpo dende España podedes facelo a partir das 04:00 horas do 1 de febreiro cun telescopio de afeccionado. Eros permanecerá visible ata o próximo dia 10 e non volverá pasar tan preto da Terra ata 2056.

FONTE: Xornal El Mindo/Ciencia

 

Comentarios  Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.