Facebook Twitter Google +1     Admin

O NOSO CEREBRO É

Publicado: 14/04/2012 00:30 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20120411103450-cerebro-e-curvas-de-fibras-neuronais.jpg

Imaxe do cerebro que amosa as curvas de fibras neuronais / mgh-ucla human connectome project

Tanto falar da enorme complexidade do cerebro, e resulta que, ao menos en canto á arquitectura das súas conexións, é “elegantemente simple”, din uns científicos do Hospital General de Massachusetts (EE UU) que lograron facer un mapa de altísima resolución do cableado neuronal. E esa estructura non é unha maraña de fibras, como moitos pensaban: "O cerebro está feito de fibras paralelas e perpendiculares que se cruzan entre si de forma ordeada”. O avance, sinalan, é importante para poder trazar o atlas das conexións cerebrais, para coñecer o seu desenvolvemento e perfilar mellor as teorías sobre como funciona este órgano e como evolucionou.

O cerebro, explica a revista Science, onde se publica o traballo, está feito de dous tipos de tecido: a materia gris de células nerviosas con funcións específicas, e a materia branca feita de longas fibras interconectadas ou cables. As traxectorias e as formas destes cables, onde e como se cruzan e conectan nos seus percorridos foi considerado sempre un asunto complexo e difícil de abordar, pero estes investigadores amosan que o cableado cerebral está organizado xeométricamente e e sorprendentemente simple.

Todas as fibras forman un único tecido ou rede tridimensional, como unha tea formada por múltiples fios e dobrada. Esta estructura, ademais, non é exclusiva do cerebro humano, xa que os investigadores observaron o mesmo patrón nos seus experimentos con catro especies diferentes de primates non humanos, ademais de persoas voluntarias.

O descubrimento destes científicos resulta inseparable do avance tecnolóxico (empregando un escáner de resonancia magnética, denominado de imaxe por difusión espectral) o que lles permitíu acadar esa alta resolución no seu mapa (aínda parcial aproximadamente un 25%, ) da rede de fibras cerebrais da estructura da rede, do tecido de fibras, do cerebro humano, pero os expertos están xa traballando co novo escáner para chegar ao 75%.

FONTE: Xornal El Pais/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.