Facebook Twitter Google +1     Admin

AS RAS VOLVEN TER DENTES

Publicado: 30/05/2012 11:14 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20120530111352-frogs-gained-lost-teeth-evolution-32091-600x450.jpg

Ra Gastrotheca guentheri /news.nationalgeographic.com

Un novo estudo, realizado polo biólogo evolucionista John Wiens da Stony Brook University do Estado de Nueva York, afirma que as ras volven a ter dentes na mandíbula inferior, despois de 200 millóns de anos sen eles. Segundo os expertos, dito descubrimento cuestiona unha das pedras angulares da teoría evolutiva.

Das máis de 6.000 especies de ras, só unha, a ra marsupial arborícola denominada Gastrotheca guentheri, conta con dentes tanto na mandíbula superior como na inferior. A maioría das ras só presentan minúsculos dentes na mandíbula superior.

Unha nova análise da árbore xenealógica das ras revela que o seu antepasado común, que presentou durante moito tempo dentición na mandíbula inferior, perdeuna hai máis de 230 millóns de anos, antes de que se extinguise por completo.

A ra marsupial Gastrotheca guentheri non presentaba dentición inferior, ata que “de repente, hai entre uns 5 e 15 millóns de anos, apareceu".

Segundo Wiens, dito descubrimento vai en contra dun principio denominado a lei de Dollo, que establece que as estruturas físicas perdidas durante o proceso evolutivo non se poden recuperar.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.