Facebook Twitter Google +1     Admin
20130414115711-garbage-state.png

Arquipélago de Garbage Patch / Imaxe:worldcrunch.com

Garbage Patch, o gran remuíño de lixo non biodegradable que forma un espantoso arquipélago de cinco illas de plástico nos océanos, converteuse nun Estado federal con bandeira, capital (Garbandia) e constitución, o pasado xoves 11 de abril. O recoñecemento da comunidade internacional tivo lugar no marco dunha instalación performance na Sala dos Pasos Perdidos da sede da Unesco en París.

A acción é a primeira iniciativa de Wasteland, un proxecto en proceso da artista italiana  
Maria Cristina Finucci, que se propón visibilizar un dos fenómenos de contaminación máis graves do planeta.

Estimase  que o 80% do lixo provén de zonas terrestres e o 20% de barcos do océano.

Este novo "Estado" conta xa con postal turística e coa súa propia web, que podes visitar permendo AQUÍ. Por certo, calquera poderá rexistrarse como cidadán do Garbage Patch State e recibir o pasaporte oficial.

Cando nos daremos conta do irresponsables que somos! Iniciativas coma esta deben servir para decatarnos do problema e propoñer solucións.

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.