Facebook Twitter Google +1     Admin
20140822083508-14086430142881.jpg

 

O efecto invernadoiro debido ao aumento do CO2 na atmosfera e o quentamento do planeta durante a segunda metade do século XX son unha realidade cientificamente incontestable. Pero dende o ano 2000, a calor acumulada na superficie terrestre parece ter desaparecido e as temperaturas medias globais permaneceron practicamente inmutables durante os primeiros anos do presente século.

Unha nova investigación, realizada por expertos a Universidade de Washington (Estados Unidos) e que se acaba de publicar na revista Science, mostra que esta ausencia de calor pódese estar sumindo nas profundidades do norte e o sur do Océano Atlántico e é parte dun ciclo natural. O quentamento baixo a superficie do océano explica por que as temperaturas medias mundiais do aire se estancaron dende 1999, a pesar dunha maior presenza de gases de efecto invernadoiro que atrapan a calor solar na superficie da Terra.

Tras un rápido quentamento no século XX, este século viu ata agora moi pouco aumento da temperatura media da superficie da Terra. Este cambio desatou máis dunha ducia de teorías da chamada interrupción do quentamento global, que van dende a contaminación do aire aos volcáns ou as manchas solares.

Os resultados mostran que unha corrente de lento movemento no Atlántico, que transporta calor entre os dous polos, se acelerou a principios deste século para afundir a calor cara a case 1.500 metros de profundidade.

Cando as observacións mostraron unha alteración no ciclo oceánico, arredor do ano 2000, a corrente comezou a afundir a calor máis profundamente no océano, para contrarrestar o quentamento inducido polo home. O ciclo iníciase cando a auga máis salgada e máis densa na parte norte da superficie do Atlántico, preto de Islandia, fai que a auga se afunda, cambiando a enorme velocidade da corrente no Océano Atlántico que fai circular a calor por todo o planeta.

Na superficie, este quentamento derrete o xeo, o que, co tempo fai que a auga superior sexa menos densa e, despois dalgunhas décadas, pon freo á circulación, o que desencadea unha fase de arrefriamento de 30 anos. Esta explicación implica que a actual desaceleración no quentamento global podería durar outra década, ou máis, e logo volverá un rápido quentamento.

FONTE: Xornal El Mundo/ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next