Facebook Twitter Google +1     Admin

NÚMEROS PRIMOS DE MERSENNE

Publicado: 13/01/2015 06:50 por vgomez en A PENSAR
20150109195142-pere-marin-mersenne.jpg

Marin Mersenn/ Imaxe: marin-mersenne.univ-paris1.fr

O conxunto dos números primos é un subconxunto dos números naturais que engloba a todos os elementos deste conxunto maiores que 1 que son divisibles unicamente por si mesmos e pola unidade. Así son primos o 2, 3, 5, 7…

Todos os números primos, agás o 2, son impares. Os únicos dous números primos consecutivos son o 2 e o 3.

O teorema fundamental da Aritmética establece que calquera número natural maior que 1 sempre pode representarse como un produto de números primos, e esta representación (factorización) é única. Así 12 = 22 . 3

Un número primo é un número primo de Mersenne se ao sumarlle 1 o resultado é unha potencia de 2. Por exemplo, 7 é un número primo de Mersenne ao cumprirse (7 + 1 = 8 = 2³)

Denomínanse así en memoria do filósofo do século XVII Marin Mersenne quen realizou unha serie de postulados sobre eles que só puido refinarse tres séculos despois.

Será número primo de Mersenne o 127?

A solución…, mañá!

FONTE: juegosdelogica.com

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.