Facebook Twitter Google +1     Admin

ANIMAIS CON LINGUA AZUL

Publicado: 06/04/2015 11:37 por vgomez en CURIOSIDADES
20150406112901-blotched-blue-toungue-alpine-phase.jpg

Característica lingua azul do Tiliqua scincoides / Imaxe:upload.wikimedia.org

Existen algunhas especies animais cunha característica: lingua de cor azul, morada ou lavanda que os fan particularmente especiais. Entre eles encóntranse o lagarto lingua-azul, o can Chow Chow ou o oso negro. Pero, por que teñen as súas linguas esta cor azulada tan rechamante e irregular?

Lagarto de lingua azul: Para empezar a lingua nunha cor tan rechamante serve de protección contra os depredadores, como xa acontece con outras especies que usan as vivas cores para amedrentar os que buscan alimentarse destas criaturas. Os lagartos coa lingua azul, concretamente o escinco de lingua azul (Tiliqua scincoides) son moi comúns nas sabanas e rexións semidesérticas de Australia e o feito de que sobresaia tanto a súa lingua e a expoñan tanto ao exterior é porque teñen a capacidade de ulir a través delas.

Chow Chow: Descoñécese por que esta robusta raza de can orixinaria de China ten a lingua azulada ou mesmo púrpura ou negra pero o xene con esta tonalidade na lingua adoita ser dominante nesta raza e a súa cor depende tamén da coloración do pelo do can. Outra das razas de can que comparten este pintoresco trazo cos Chow Chow (que significa can león inchado) son os Shar Pei (ou Pel de area), tamén de orixe chinesa.

Oso negro: O Ursus americanus é o oso máis común de Norteamérica e cun tamaño entre os 100-130 cms de alto e os 140-200 cms de longo. A cor da súa pelaxe varía do negro ao branco, pasando marrón, canela ou louro. Estes osos son capaces de terse de pé e de andar sobre as súas patas traseiras. A pesar do seu tamaño poden chegar a correr ata 55 km/h. A súa media de vida é de 10 anos aínda que poden chegar a vivir ata os 30 anos.

FONTE: Revista Muy Intersante/Natureza

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.