Facebook Twitter Google +1     Admin

COMEZO DO VERÁN

Publicado: 21/06/2015 08:29 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20150619160750-solsticio-equinoccio.jpg

Solsiticio de verán / Imaxe:maxenlaluna.com

Hoxe, domingo 21 de xuño,  ás 18 horas e 38 minutos, comezará o verán. Esta estación durará 93 días e 15 horas, e rematará o 23 de setembro co comezo do outono.

O inicio desta estación vén dado, por convenio, polo instante en que a Terra se atopa nunha determinada posicións na súa órbita arredor do Sol. En concreto, esta posición dáse no punto da eclíptica no que o Sol alcanza a súa posición máis boreal. O día en que que isto sucede, o Sol alcanza a súa máxima declinación Norte (+23º 27) e durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia; a esta circunstancia o a chama tamén solsticio ("Sol quieto") de verán. Neste instante no hemisferio sur iníciase o inverno.

O día do solstico de verán corresponde ao de maior duración do ano. Arredor desta data encóntranse o día en que o Sol sae máis pronto e aquel en que se pon máis tarde. Un feito circunstancial non relacionado coas estacións dáse tamén nesta época: o día do afelio, é dicir, o día en que o Sol e a Terra están máis afastados entre si ao longo do ano. É este maior afastamento ao Sol a causa de que a Terra se mova máis lentamente ao longo da súa órbita elíptica durante o verán (segundo a coñecida como segunda lei de Kepler) e polo tanto a duración desta estación sexa maior que outras.

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.