Esta gravación difundida pola NASA hai xa algúns meses podería ser digna de horas de debate na mesa de Cuarto Milenio. As imaxes falan por si soas: un estraño obxecto voador non identificado foi captado polas cámaras da Estación Espacial Internacional nun vídeo publicado pola administración estadounidense. Pero nesta ocasión, á organización resultaralle un pouco máis complicado facer crer que se trata de lixo espacial.
O usuario de Youtube Streetcap1, experto en temas conspiratorios e avistamentos de ovnis, volveu a cargar contra a NASA, recollendo na súa canle un novo vídeo no que se avista un destes estraños obxectos espaciais: “Durante un período no que a cámara se move uns dous minutos, a NASA captou un obxecto distante en cor ouro e rosa... necesitamos, para empezar, que as cámaras da Estación Espacial Internacional empezan a investigar o exterior e a NASA deixe de tratar á humanidade como a nenos”.
As polémicas imaxes incendiaron a rede e moitas páxinas expertas no fenómeno ovni non dubidaron á hora de afirmar que se trata dun novo avistamento real que supón un novo contacto con vida extraterrestre, tal e como informa o xornal británico Daily Express. Algúns tamén acusaron a Streetcap1 de intentar enganar á xente con material falso, pero el sostén que a súa gravación provén directamente da emisión realizada pola axencia estadounidense.
O editor da revista UFO e buscador de vida extraterrestre decidiu seguir cargando contra a NASA, afirmando en ton irónico que lle encanta como a cámara da ISS vira casualmente á dereita, enfoca ao OVNI e despois continúa o seu camiño coma se nada. Dubida que os tripulantes da Estación Espacial Internacional e os seus responsables descoñezan a existencia doutro tipo de vida máis aló da terreal. “Eles están no espazo profundo e aprecian continuamente a terra e todo o que a rodea, como poderían non ter visto o obxecto luminoso? Claro que o fixeron, simplemente non queren que a xente os vexa”.
O vídeo xa superou as 50.000 visitas e moitos usuarios non puideron resistirse a expresar as súas opinións sobre o posible avistamento.
A polémica está servida!
FONTE: Xornal La Voz de Galicia/Sociedade