Facebook Twitter Google +1     Admin

 

Unha eclipse total de Lúa tinguirá de vermello o ceo desta noite do domingo ao luns. Toda Europa, África e América gozarán dun verdadeiro espectáculo, no que a fase chea permitirá gozar dunha Lúa especialmente brillante e de gran tamaño. De aí o seu nome: superlúa

A desta noite será a primeira eclipse superlunar desde 1982, e non se poderá gozar doutro fenómeno igual ata o ano 2033. E é que o noso satélite atoparase no punto da súa órbita máis próximo á Terra, o Perigeo (356.500 km), situado a uns 50.000 quilómetros máis próximo si tómase como referencia o punto máis afastado da Lúa, o Apoxeo (406.700 km). 

A eclipse total comezará ás 2:12 da madrugada, cando a Lúa entre na zona de penumbra creada pola Terra. Haberá que esperar ata as 3:07 para que o satélite entre na zona de sombra e ata as 4:11 para ver o espectáculo en máximo apoxeo, cando a Lúa quede completamente escurecida. O punto e final chegará a partir das cinco e media da mañá. 

Ao contrario do que sucede cos de sol, as eclipses lunares poden verse a primeira ollada sen risco de sufrir ningún dano no ollo.

A lúa de perigeo é un fenómeno que se produce cando o astro se atopa a non máis dun 10 % do seu punto máis próximo á terra no percorrido da súa órbita. E é que a traxectoria lunar non é circular, senón ovalada (elíptica) e o seu centro non é o mesmo que o do planeta, situando así un dos lados 50.000 quilómetros máis preto que o outro (perigeo fronte ao apoxeo). É esta a razón de que cando as lúas cheas se producen no lado máis próximo á terra, parecen moito máis grandes e convértense en Superlúas.

Que disfrutedes do espectáculo, se a nénoa non o pimpide!

FONTE: Xornal La Voz de Galicia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.