Facebook Twitter Google +1     Admin

NUBES E NON OVNIs

Publicado: 17/11/2015 08:13 por vgomez en CURIOSIDADES
20151115205052-156087.jpg

Nubes captadas por Kyle Mijlof en Sudáfrica e difundidas na súa conta de instagram @mijlof

O ceo é moi fermosoo, e o é máis cando certas nubes fórmanse nel, aparecendo con forma lenticular, e non só iso, senón que se forman en dous pisos cunha lentella sobre a outra, o máis parecido posible a unha nave espacial branca, de invasores extra-terráqueos.

As nubes en forma de OVNIs, ocurren cando hai vento horizontal que ondula en vertical como unha corda suxeita a unha árbore e que un neno hace serpentea de arriba a abaixo.

 

Adóitanse formar a sotavento das montañas ou dos obstáculos verticais, pero tamén cando hai columnas de aire ascendente e nas frontes frías.

O aire ten que ter unha humidade relativa moi próxima á condensación.  Cando o aire ascende un pouco, o vapor condensa e fórmase a nube. Cando descende, quéntase e o líquido pasa de novo a forma de vapor.  Se a estes ascensos e descensos engadimos vórtices verticais que fan, ademais, virar ao aire como un trompo co eixo cara arriba, temos as nubes lenticulares, as nubes en forma de OVNI.

O aire móvese constantemente nesa capa tan delgada que é a atmosfera. Móvese cara arriba e móvese paralelamente  á superficie, e este último movemento é xeralmente en forma de ondas. Non vemos o movemento máis que cando hai nubes e entón estas déixannos visualizalo coma se botamos pos de talco nunha corrente de auga.

FONTE: Antonio Ruiz de Elvira/Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.