Facebook Twitter Google +1     Admin

 

Cada 1 de decembro, Día Mundial de Loita Contra a SIDA, persoas de todo o mundo suman esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia. Calcúlase que hai en España entre 130.000 e 160.000 persoas con VIH, unhas 7.000 en Galicia, e case un terzo non o saben.

Pero realmemente coñecemos que é esta enfernidade? Vexamos... 

 Que é a SIDA?

A sida é unha enfermidade transmisible producida por un virus que coñecemos por "VIH" (Virus da Inmunodeficiencia Humana). Preséntase cando o virus destruíu as defensas do organismo ata tal punto que facilita a aparición de infeccións oportunistas e dalgúns tipos de cancro. Ao entrar o virus no corpo, xeralmente non aparece ningún síntoma de enfermidade ou estes son moi inespecíficos. Pero as persoas infectadas polo virus producen anticorpos fronte a este e estes poden ser detectados no seu sangue mediante unha análise. Non obstante, é necesario que pasen anos ata que aparezan infeccións oportunistas ou determinados cancros, asociados á infección por VIH, momento no que dicimos que a persoa con VIH ten sida. Por agora a infección por VIH non ten un tratamento curativo eficaz, pero existen tratamentos que frean a actividade do virus e na maioría dos casos permiten ás persoas vivir moitos anos sen complicacións graves. Aínda así hai que recordar que a sida é unha enfermidade moi seria, potencialmente mortal e que na maioría dos contextos, é frecuente causa de exclusión e discriminación.

Como se transmite o VIH?

O VIH transmítese por:

  • Relacións sexuais con penetración vaxinal, anal e oral sen preservativo.
  • Compartindo un obxecto punzante sen esterilizar que estivese en contacto con sangue infectado: xiringas, agullas, instrumentos para acupuntura, tatuaxes, piercing, etc.
  • E dunha nai con VIH ao seu fillo/a durante o embarazo, o parto ou a lactación.

Non se detectou transmisión a través dos seguintes mecanismos:

  • Aire, auga
  • Bicos, a brazos, darse a man ou tocarse
  • Picaduras de insecto ou mosquitos.
  • Saliva, suor, bágoas.
  • Convivencia habitual no fogar, traballo e na escola.
  • Doar ou recibir sangue en países onde estea axeitadamente controlado.

A transmisión/adquisición da infección depende polo tanto do comportamento de cada persoa, aínda que o devandito comportamento está á súa vez condicionado por cuestións sociais e culturais que fan que algunhas sociedades, grupos de poboación e individuos se encontren nunha situación de maior vulnerabilidade á transmisión do virus. A desigualdade entre homes e mulleres, a discriminación que sofren algúns colectivos, o estigma das persoas afectadas ou a pobreza son factores determinantes na aparición e repetición destes comportamentos que poñen en risco as persoas.

FONTE: somospacientes.com e madrid.org


Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.