Facebook Twitter Google +1     Admin

UN FOGUETE QUE COME O LIXO ESPACIAL

Publicado: 06/01/2016 10:54 por vgomez en CURIOSIDADES
20160106105433-bk-bf46e8128ba1c0ef420f6305f5fc458b-v00hbv.jpg

Lixo espacial / Imaxe: esmateria.com

En marzo de 2013, un satélite experimental ruso quedou esnaquizado ao chocar cun anaco de chatarra espacial. Este proxectil, que golpeou ao aparello a case 10 quilómetros por segundo, era un pedazo dun satélite chinés que Pequín decidiu destruír lanzándolle un mísil en 2007, xerando 3.000 anacos máis de lixo para a órbita terrestre. Xa son centos de miles os obxectos que ameazan a orde e a seguridade ao redor da Terra. E non é só un problema para os satélites: a finais de 2014 a Estación Espacial Internacional tivo que improvisar o uso duns propulsores para quitarse do camiño dun anaco de chatarra que ameazaba aos seis astronautas que a ocupaban.

Neste perigoso escenario, as axencias espaciais e expertos de todo o mundo mobilizáronse para tratar de dar solución ao problema. Xa non vale con facer un seguimento dos máis de 170 millóns de anaquiños de chatarra (30.000 de máis de 10 centímetros), urxe empezar a recoller. A Axencia Espacial Europea, por exemplo, xa ten en marcha un programa para combater estes refugallos no que participa España.

Un dos principais problemas para recoller estes restos provocados por satélites e outros obxectos xorde da autonomía dun posible camión do lixo espacial: a cantidade de combustible que o manteña limpando a órbita é unha gran pega que limita a capacidade desta hipotética nave. Aí é onde cobra interese a proposta que acaba de realizar un equipo de enxeñeiros chineses: usar a propia chatarra para nutrir os motores. Unha aspiradora espacial que se alimenta dos desperdicios que recolle.

Así, este enxeño chinés propón usar os pedazos para convertelos en plasma, un combustible de enerxía eléctrica que xa se usa na exploración espacial. No seu exercicio teórico, estes investigadores da Universidade Tsinghua propoñen o uso do aluminio dos anacos medianos xa que é un dos elementos máis comúns, tras recollelos cunha rede (que é o método máis habitual proposto polas axencias espaciais). Segundo a súa idea, que publicado en Arxiv, os restos primeiros serían reducidos a po nun muíño. Na seguinte fase, o po quéntase a altísimas temperaturas e sepáranse iones positivos e negativos que, ao expelerlos con forza, impulsan a nave.

Simulación de uno de los aparatos propuestos por la ESA.

Simulación dun dos aparatos propuestos pola ESA / ESA

"Ao expulsar esta carga a gran temperatura e alta presión, impulsada desde o motor, obtense un empuxe continuo. Este impulso pódese usar para levar a cabo as manobras e para que a nave espacial avance ao encontro cos cascallos. As partículas expulsadas serán empuxadas lonxe da órbita circunterrestre polo vento solar", indican os investigadores chineses.

Aínda que se trata dun simple exercicio teórico, trátase dunha proposta que podería resolver moitos problemas: "Por unha banda, utilizando o motor de refugallos como o propulsor da nave espacial, límpase o espazo dunha forma eficaz. Doutra banda, a nave espacial consegue propulsión para a próxima acción. E máis importante aínda, ofrece unha nova idea para a exploración de asteroides e voos interplanetarios polo seu suplemento de combustible sustentable", defenden.

FONTE: Xornal El país/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.