Facebook Twitter Google +1     Admin
20160420161221-14611446161939.jpg

Aspecto da mancha solar, resultado da laparada da Rexión Activa 2529. NASA/SDO/Goddard

O Sol é unha tormenta de lume e de cando en vez as súas chamas tratan de conquistar o espazo. O pasado luns 18 de abril foi un deses días. Unha laparada solar de nivel medio, cun pico de maior intensidade ás 0:29 horas (horario GMT), brotou e deixou como cicatriz unha mancha solar na que caberían cinco Terras. As imaxes foron captadas polo Observatorio de Dinámicas Solares da NASA, que vixía ao Sol constantemente.O fenómeno produciuse nunha zona coñecida como Rexión Activa 2529. A mancha foi cambiando de forma e de tamaño durante os últimos días pero foi o suficientemente grande como para ser vista desde o chan sen necesidade de utilizar instrumentos de aumento. Comezoua desaparecer onte, 20 de abril, polo lado dereito do Astro Rey. Estas manchas proban que na zona onde se producen existe unha complexa actividade magnética que, de forma puntual, pode traducirse en erupciones solares que envían radiación e luz ao espazo. Por iso, o seu estudo é esencial para entender como se producen estes fenómenos.

As laparadas solares son explosións de radiación de gran alcance. Por sorte, a atmosfera non deixa pasar as nocivas, de modo que non afectan os seres humanos. Con todo, cando son especialmente intensas si que poden perturbar a rexión da atmosfera onde se transmiten os sinais de GPS e as comunicacións. A NASA clasificou a labarada como clase M6.7, é dicir, unha décima parte das laparadas máis intensas, as de clase X; o número que acompaña á M achega información máis detallada sobre a súa virulencia. Durante o momento de maior intensidade da laparada do 18 de abril "observáronse apagamentos de radio moderados", como informa o Centro de Predición do Clima Espacial da NOAA, a axencia meteorolóxica de Estados Unidos.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next