Blogia
vgomez

DEZ XESTOS ECOLÓXICOS QUE NON DEBE DAR VERGOÑA FACER (I)

DEZ XESTOS ECOLÓXICOS QUE NON DEBE DAR VERGOÑA FACER (I)

Desconto por pronta caducidade / Imaxe:Alex Fernández Muerza

4. Ir a la compra con una bolsa reutilizable o un carrito

- See more at: http://www.consumer.es/web/es/medio_ambiente/urbano/2016/04/07/223584.php#sthash.Z4rW3Air.dpuf

4. Ir a la compra con una bolsa reutilizable o un carrito

- See more at: http://www.consumer.es/web/es/medio_ambiente/urbano/2016/04/07/223584.php#sthash.Z4rW3Air.dpuf

Este artigo vai dirixido a queles que lle dá corte pedir auga da billa nun bar, ou a comida que nos sobrou no restaurante para levar para casa. Coñecer as implicacións ambientais e económicas destes e outros actos pódennos convencer para facelos e que a única cor que nos salga non sexa o colorado, senón o verde.

Imos ver, durante varios días, dez xestos ecolóxicos relacionados coa alimentación, a roupa, o transporte ou a enerxía que non nos debe dar vergoña facer.

1. Pedir auga da billa nun bar

O elevado consumo de auga embotellada provoca o aumento de residuos e o gasto de grandes cantidades de recursos e enerxía. En países como España, onde a auga corrente de calidade está garantida, debería ser, por tanto, un xesto habitual pedir auga da billa nun bar ou restaurante. Os seus responsables non deberían poñer pega algunha, xa que sempre se pode consumir acompañado de calquera outro produto. 

2. Ir á compra cunha bolsa reutilizable ou un carriño

As bolsas de plástico de usar e tirar utilízanse 12 minutos de media, pero poden permanecer no medio ambiente durante séculos. A maioría acaba nos océanos provocando danos na fauna e flora mariña. Segundo Nacións Unidas, entre un 70% e 90% dos residuos acuáticos das praias son plásticos. Estes impactos pódense evitar con bolsas reutilizables ou o clásico carriño da compra. 

3. Adquirir alimentos con desconto por pronta caducidade

Unha das causas do malgaste de alimentos prodúcese ao tiralos porque caducaron. Para reducir este problema, algúns supermercados ofrecen produtos con desconto por pronta caducidade. Estes alimentos, en perfectas condicións, só hai que consumilos en breve e, ademais de aforrar diñeiro, así se reduce o noso impacto ambiental.

Continuará...

FONTE: Revista Consumer/Medio Ambiente

0 comentarios