Facebook Twitter Google +1     Admin

 

Co obxectivo de motivar ás persoas para que se convertan en axentes activos do desenvolvemento sustentable e equitativo; promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación para que o medio ambiente sexa sustentable, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na súa resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972, designou o 5 de xuño Día Mundial do Medio Ambiente, para sensibilizar á opinión pública respecto da necesidade de preservar e mellorar o medio ambiente.

O lema deste ano é:  "O futuro da vida silvestre está nas nosas mans".

Na súa mensaxe sobre o Día Mundial do Medio Ambiente o Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-Moon, declarou que "acábase o tempo para eliminar a crise de caza e tráfico ilegais que ameaza algunhas das especies máis representativas do mundo. Para combater a caza e tráfico ilegais de especies protexidas é esencial abordar tanto a demanda como a oferta de produtos silvestres ilegais a través de obxectivos e metas acordados e de instrumentos internacionais, tales como a Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES)".

FONTE:unodc.org

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.