Facebook Twitter Google +1     Admin

CALENDARIO CURSO ESCOLAR 2016/2017

Publicado: 27/06/2016 08:33 por vgomez en COMUNICADOS
20160624074220-pizarra-curso-2016-2017.jpg

 

Un curso que remata e xa coñecemos o calendario do vindeiro curso escolar 2016/2017. O pasado día 15 saíu publicado no DOGA a orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2016/17 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A grandes rasgos e no referente a Educación Secundaria Obrigatoria, no Bacharelato e na Formación Profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos incluídos.

Os períodos de vacacións serán:

Nadal: desde o día 22 de decembro de 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive.

Entroido: días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017.

Semana Santa: desde o día 10 ata o 17 de abril de 2017, ambos incluídos.

    Día do Ensino será o 31 de outubro de 2016.

 

Se queres coñecer polo miudo este calendario só tes que premer AQUÍ.

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.