Facebook Twitter Google +1     Admin
20160720122323-vanguard-test-satellite.jpg

Proceso de desenvolvemento do Vanguard 1 / Imaxe:dd1us.de

O obxecto humano máis antigo que aínda se atopa en espazo é o satélite Vanguard 1, que se lanzou en 1958 desde Cabo Cañaveral. Era o cuarto satélite que o ser humano poñía en órbita, e o primeiro que facía uso da enerxía solar. O seu transmisor deixou de enviar sinales seis anos despois do lanzamento, pero a día de hoxe continúa dando voltas á Terra. No ano 2009 alcanzou as 200.000 voltas ao noso planeta, o que supón unha distancia duns 10.000 millóns de quilómetros. Só as sondas Pioneer e Voyager percorreron máis distancia que o Vanguard I.

FONTE: Revista Muy Interesante/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.