Blogia
vgomez

CINE: "STAR TREK. MAÍS ALÓ"

CINE: "STAR TREK. MAÍS ALÓ"

Cartel da película / Imaxe: hoycine.info

Esta fin de semana chega aos cines a úlrima película da franquía Star Trek co título Star Trek: Maís aló. Este inesgotable filón creado por Gene Roddenberry, está composto por cinco series de televisión con actores reais, incluíndo Star Trek: a serie orixinal de 1966, máis unha serie de animación con personaxes debuxados en 2D, ademais de doce películas. Esta é a súa ficha técnica.

Título orixinal: Star Trek Beyond

Ano: 2016

Duración: 125 min.

País:  Estados Unidos

Produtora: Paramount Pictures / Bad Robot / Skydance Productions

Xénero: Ciencia ficción

Director: Justin Lin

Produtor: J. J. Abrams

Guión: Simon Pegg, Doug Jung

Música: Michael Giacchino

Fotografía: Stephen F. Windon

Reparto: Chris Pine, Zachary Quinto, Zoe Saldana, Karl Urban, Simon Pegg, Anton Yelchin, John Cho, Idris Elba, Sofia Boutella, Joseph Gatt, Deep Roy, Lydia Wilson, Joe Taslim, Adam DiMarco, Ashley Edner, Christian Sloan, Jodi Haynes

Sinopse: O USS Enterprise, a nave insignia da Frota Estelar liderada polo capitán James T. Kirk, volve sucar o universo para asegurarse da protección da Terra e do resto de planetas aliados. Pero a tranquilidade durará pouco e o perigo axexa. A primeira etapa da súa misión levaralles a un territorio descoñecido, e a súa travesía de vixilancia pronto se converterá nunha carreira pola supervivencia espacial cando se enfronten a un novo e fero inimigo, Krall, unha especie alieníxena avanzada. Para frear os seus sinistros plans, Kirk deberá reunir ao seu equipo e usar todo os seus recursos para resolver os desafíos aos que se enfrontarán. Á vez que tentan atopar o modo de volver á Terra, a súa misión será protexer o futuro da raza humana e preservar a harmonía entre especies.

Eleccións difíciles, grandes riscos, relacións persoais complexas e moita acción é o que ofrece esta película!

0 comentarios