Facebook Twitter Google +1     Admin

HUMOR REAL: INCENDIOS

Publicado: 08/09/2016 12:35 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20160908121518-davila.jpg

 

Un verán máis, Galicia volve estar pendente do monte ou, máis exactamente, dos lumes que o devoran, e o xenial Davila (Luis Davila, Pontevedra-1972) faise eco desta problemática na súa viñeta de hoxe no xornal Faro de Vigo.

Galicia alberga o territorio forestal máis produtivo de toda a UE, con diferenza. Hai, aproximadamente, un millón e medio de hectáreas forestais en Galicia das que o 96% pertencen a particulares.

O clima diste ano (inverno chuvioso, verán moi seco), a elevada combustibilidade de gran parte da superficie de monte (plantacións de eucaliptos e piñeiros, matogueira) e a persistencia da cultura do lume no medio rural, da utilización do lume como ferramenta agropecuaria, son as razóns principais de que o monte arda e quéimese tanto en Galicia.

Os incendios forestais en Galicia e no resto do noroeste da Península Ibérica caracterízanse polo alto grao de intencionalidade. Un de cada tres incendios é provocado e, segundo a Xunta de Galicia, o 20% deles o son por motivos económicos.

Segundo un informe elaborado pola Fiscalía, un de cada cinco incendios "está provocado por intereses económicos". Pero, quen queima o monte? Por que non se collen aos autores?...

Como di Davila, en vez de Galicia Calidade é una calamidade!

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.