Facebook Twitter Google +1     Admin

XEMÍNIDAS 2016

Publicado: 07/12/2016 09:34 por vgomez en CURIOSIDADES
20161203122310-tumblr-inline-mxpk4ylwwm1rx21bj.jpg

Órbita faetón / Imaxe: Cosmonauta Multidimensional - Tumblr

A diferenza doutras chuvias de estrelas, non é un cometa o apoderado deste evento senón un asteroide. O seu nome é Faetón (cun diámetro de pouco máis de 5 quilómetros) e é probable que se trate dun cometa extinto cuxas partículas foron exectadas hai séculos. Este “Fillo do Sol”, pois é o asteroide que máis se achega á nosa estrela, ten un período orbital ao redor do Sol de 3,3 anos.

As Xemínidas adoitan ter un rango de actividade de 120 meteoros por hora se o ceo está despexado pero nesta ocasión a Lúa estará moi próxima á súa fase chea polo que as condicións non serán as máis adecuadas para ver este espectáculo nocturno. O seu radiante (punto da esfera celeste ao que parecen converxer, por efecto da perspectiva, todas as traxectorias das diferentes estrelas fugaces que pertencen a unha chuvia de meteoros dada) é a constelación de Xémini e, tras a posta de sol manterase por encima do horizonte durante toda a noite. Mágoa que as fases da Lúa enturben esta esperada chuvia de meteoros. A pesar diso, non hai que perder o acontecemento.

Considerada unha chuvia de meteoros de actividade alta comparable ás Cuadrántidas, ten lugar cada ano entre o 7 e o 17 de decembro, alcanzando o máximo de intensidade durante das noites do 13 e 14 de decembro. As noites máis indicadas para a observación serán as do 12 ao 16 de decembro, especialmente entre as 2 e as 6 a.m.

Os meteoros das Xemínidas procedentes do asteroide Faetón, son corpos celestes brillantes e de velocidade baixa (35 km/s), cuxa inusual órbita levouno a pasar moi preto da Terra o pasado 10 de decembro 2007. Afortunadamente, a súa seguinte aproximación connosco terá lugar en 2017, cando é probable que podamos gozar dunha das mellores choivas de estrelas Gemínidas.

FONTE: Revista Muy Interesante/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next