Facebook Twitter Google +1     Admin

ZELANDIA, UN NOVO CONTINENTE

Publicado: 22/02/2017 07:49 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS

Nuevo continente Zealandia

Hai pouco máis de dez anos, Plutón perdeu a súa condición de planeta e cambiou o que se ensinou nas escolas durante décadas. Agora é posible que os libros de ciencia teñan que engadir un continente "case totalmente inmerso nas augas do sueste do Pacífico" nos seus mapas. Só as súas montañas máis altas, o 6% do seu territorio, asómanse sobre o mar: son Nova Zelandia e Nova Caledonia. Científicos do centro neozelandés GNS Science publicaron o descubrimento de Zelandia (nomeado como Zealandia en inglés), na revista da Sociedade Xeolóxica de América (GSA), dúas semanas despois de que se atopasen restos doutro continente baixo o océano Índico. Zelandia cobre unha área de 4,9 millóns de quilómetros, da que forman parte Nova Zelandia (cunha extensión de 268.680 quilómetros cadrados) e Nova Caledonia (con 19.000 quilómetros cadrados).

O equipo do GNS Science empezou a investigar a posible existencia do continente hai 20 anos, pero só agora logrou probar, a través de datos recadados por sensores submarinos, que Zelandia reúne as condicións necesarias para ser clasificado como tal: elevación sobre a zona circundante, xeoloxía distintiva, unha área ben definida e unha codia máis grosa que o chan oceánico normal. Segundo o estudo, os bordos da codia continental de Australia e do "novo" continente chegan tan preto como 25 quilómetros entre si.

Os investigadores sosteñen que Zelandia formouse despois da desintegración do supercontinente Gondwana, desde hai 85 millóns de anos ata hai uns 30 millóns de anos. "Aos 30 millóns de anos, o continente estaba en sumerximiento máximo: hai calcarias por todas partes. Desde entón, a converxencia ao longo e preto da fronteira da placa do Pacífico-Australia levantou partes de Zelandia que formaron as illas de Nova Zelandia", explica un dos investigadores.

O xeólogo defende que a importancia de Zelandia vai máis aló de engadir un nome á lista de continentes. "É o continente máis fino e máis pequeno que se atopou, e o feito de que estea tan mergullado pero non fragmentado faino útil para explorar a cohesión e desintegración da codia continental", afirma. Explica tamén que Zelandia proporciona un novo contexto de "unha terra que se fixo máis pequena e afundiuse baixo as ondas" para os estudos de bioloxía evolutiva, que poden explicar as orixes da flora e fauna endémicas de Nova Zelandia e Nova Caledonia.

Segundo o conxunto de datos dos satélites e buques de investigación que mapean todo o planeta, xa non hai ningún outro lugar para ocultar un continente mergullado, polo menos non uno tan grande como o que acharon os científicos neozelandeses.

Que Zelandia sexa recoñecido pola comunidade científica non é unha cuestión de apelar a ningún organismo e tampouco hai unha lista oficial de que continentes existen (de feito, algúns xeólogos afirman que hai catro, mentres que outros sosteñen que son sete). O traballo será validado cando outros científicos empecen a mencionalo nas súas investigacións.

FONTE: Xornal El Pais/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next