Blogia
vgomez

XÚPITER É MÁIS VELLO QUE O SOL!

Imagen de Júpiter obtenida con datos de la sonda Juno

Imaxe de Xúpiter obtida con datos da sonda Juno / J.E.P.Connerney et al Science

Un equipo de investigadores da Universidade de Münster, en Alemaña, descubriu que Xúpiter é o máis antigo dos planetas do Sistema Solar. Pero non só iso, senón que a análise de certos isótopos presentes en meteoritos suxire que o xigante gaseoso podería formarse mesmo antes de que o propio Sol empezase a brillar. O extraordinario achado acaba de publicarse na revista Proceedings Of The National Academy Of Sciences.

Para conseguir un modelo fiable da idade de Xúpiter, os investigadores mediron as concentracións de isótopos de molibdeno e tungsteno en meteoritos ferrosos.

Xúpiter pertence a un tipo de planetas chamados xigantes gaseosos. Probablemente, o seu nacemento implica, primeiro, a formación dun núcleo sólido, seguido por un longo período de acumulación de grosas capas de gas ao seu ao redor.

Os investigadores calcularon que o proceso empezou nunha etapa moi temperá da formación do Sistema Solar, que naceu cando parte dunha xigantesca nube molecular condensouse baixo a súa propia forza gravitatoria, fai uns 4.600 millóns de anos.

Segundo o modelo dos investigadores, o núcleo interno de Xúpiter creceu ata alcanzar 20 veces a masa da Terra no transcurso do primeiro millón de anos. Nese momento, o Sol era aínda unha protoestrela, e non tiña a densidade suficiente como para que no seu interior comezase o proceso de fusión do hidróxeno.

O crecemento de Xúpiter continuou aínda que a un ritmo máis lento, ata alcanzar as 50 masas terrestres uns tres millóns de anos despois.

Para os investigadores, ser capaces de fixar unha data para a formación do planeta máis grande do noso sistema permitirá levar a cabo análises máis detalladas de como a súa presenza afectou o nacemento e desenvolvemento do resto dos planetas, incluído o que nós ocupamos.

FONTE: José Manuel Nieves/Xornal abc/ciencia

0 comentarios