Facebook Twitter Google +1     Admin

Voluntarios hindúes durante as tarefas de reforestación / SHIVRAJ SINGH CHOUHAN 

A India deu un paso adiante no seu compromiso co Acordo de París sobre o clima. Segundo informa ABC news, o país asiático ha batido un récord mundial, ao plantar 66 millóns de árbores en doce horas. Para acadar esta cifra, foron necesarios 1,5 millóns de voluntarios.

Especialistas do Record Guinness supervisaron esta nova fazaña e espérase que confirmen a marca nas próximas semanas. O pasado ano a rexión de Uttar Pradesh xa batera un récord ao plantar 50 millóns de árbores en 24 horas.

O goberno indio tenta así cumprir a súa promesa de sementar unha superficie forestal de cinco millóns de hectáreas, como anunciou na Conferencia polo Cambio Climático celebrada en de París en 2015. Ademais mellorará as condicións doutras cinco millóns de hectáreas de campo, segundo publicou o Ministerio de Medio Ambiente, Bosques e Cambio Climático do país. Esta acción equivalería a eliminar ata 100 millóns de toneladas de dióxido de carbono (CO2) ao ano.

Ao longo do río Narmada, no estado de Madhya Pradesh, plantáronse 20 variedades distintas de árbores. Os voluntarios, entre os que se atopaban tanto novos como anciáns, permaneceron desde as sete da mañá ata as sete da tarde para cumprir a xesta. O ministro en xefe do estado, declarou este día como "histórico" e afirmou nun tweet que "plantando árbores non só servimos a Madhya Pradesh, senón ao mundo enteiro".

A través deste xesto, India demostrou o seu compromiso coa loita contra a deforestación. O terceiro país máis contaminante do mundo aceptou no acordo de 2015 empregar 6.000 millóns de dólares en reforestar un 12% do seu territorio.

A día de hoxe, a India segue dependendo en gran medida dos combustibles fósiles, os cales supoñen un 66% do total de emisións. Respecto diso, pretende levar a cabo unha serie de medidas complementarias como substituír o uso do carbón polo de gas natural.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.