20171127131521-wonder-67948.jpg

Cartel da película / Imaxe: ecartelera.com

Esta fin de semana chea aos cines a película WONDER. Unha cinta na que sae a luz a problemática do alumnado con malformacións (neste caso), minusvalías ou síndromes cando chegan ao colexio e as dificultades con que se enfronta o propio implicad@, os país e o resto da comunidade escolar. Esta é a súa ficha técnica:

Título: Wonder

Título orixinal: Wonder

País: Estados Unidos

Año: 2017

Duración: 113 min.

Xénero: Drama

Dirección: Stephen Chbosky

Guión: Steven Conrad

Produtora: Walden Media, Mandeville Films, Lionsgate, Participant Media

Distribuidora: eOne Films

Música: Marcelo Zarvos

Fotografía: Don Burgess

Reparto: Julia Roberts, Owen Wilson, Jacob Tremblay, Mandy Patinkin, Sonia Braga, Ali Liebert, Millie Davis, Danielle Rose Russell, Nadji Jeter, Emma Tremblay, Benjamin Ratner, Rachel Hayward, Crystal Lowe, Steve Bacic, Darcy Rose Byrnes, Jason McKinnon

Sinopse: Auggie Pullman é un neno que naceu cunha deformidade facial. Agora, tras dez anos de hospital en hospital e de longos períodos na súa casa, terá que asistir por primeira vez á escola. Grazas ao apoio dos seus pais, Nate e Isabel, Auggie trata de encaixar no novo reto ao que se enfronta. Demostrar que é un neno como outro calquera a pesar do seu fisíco será unha dura batalla. Profesores, compañeiros de colexio e veciños enfrontaranse tamén a eles mesmos, combatendo por cambiar a pena pola aceptación total.

Unha gran lección!