20171215180945-images.jpg

 

Esta fin de semana chega aos cines aesperada película "Star Wars: Os últimos Jedi", a 8ª entrega da saga galáctica Star Wars, que comeza inmediatamente despois dos feitos ocurridos ao final de "Star Wars: O despertar da Forza" (2015). Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: Star Wars: The Last Jediaka

Ano: 2017

Duración: 151 min.

País: Estados Unidos

Xénero: Ciencia ficción

Produtora: Lucasfilm/Walt Disney Studios Motion Pictures

Producción: Kathleen Kennedy e Ram Bergman

Dirección: Rian Johnson

Guión: Rian Johnson (personaxes George lucas)

Música: John Williams

Fotografía: Steve Yedlin

Reparto: Daisy Ridley, John Boyega, Adam Driver, Óscar Isaac, Mark Hamill, Carrie Fisher, Domhnall Gleeson, Benicio del Toro, Laura Dern, Gwendoline Christie, Kelly Marie Tran, Lupita Nyong’o, Anthony Daniels, Andy Serkis e Warwick Davis.

Sinopse: A malvada Primeira Orde volveuse máis poderosa e ten contra as cordas á Resistencia, liderada pola Xeral Leia Organa. O piloto Poe Dameron encabeza unha misión para tentar destruír un acoirazado da Primeira Orde. Mentres tanto, a moza Rey  terá que definir o seu futuro e a súa vocación, e o vello jedi Luke Skywalker revaluar o significado da súa vida.

Un produto para o mercado dos seus seguidores!