20180204130529-20180203095850-1517476680-335052-1517476791-noticia-normal-recorte1.jpg

 

A constante de Conway é unha constante matemática ligada á taxa de crecemento do número de cifras dunha sucesión coñecida como desintegración audioactiva (en inglés audioactive decay) ou Look- and- Say ("Mira e di"). Nesta sucesión, cada termo obtense agrupando as cifras iguais do anterior e recitándoas. Por exemplo, se x0=1  ("un un"), os seguintes termos serán:

X1=11 ("dous un : "21")

x2=21 ("un dous un un : 1211")

x3=1211 ("un un un dous dous us : 111221")

x4=111221 ("tres un dous dous un un : 312211")

x5=312211 ("un tres un un dous dous dous un : 13112221")

x6=13112221 ("un un un tres dous un tres dous un un : 1113213211") 

Polo tanto a serie seguinte da imaxe proposta o día anterior sería:

1113213211 ("tres un un tres un dous un un un tres un dous dous un") o que daría:

31131211131221

FONTE:Carlo Frabetti/O xogo da ciencia/Xornal El País e Wikipedia