Célula motivo da pregunta / Imaxe: es.educaplay.com

 

A resposta á pregunta do día anterior é MITOSE. A mitose ou división do núcleo é o proceso polo cal os cromosomas duplicados se distribúen equitativamente entre as células fillas. É un proceso continuo que, para facilitar o seu estudo, se divide en cinco fases: profase, prometafase, metafase, anafase e telofase.

E imos coa pregunta de hoxe...

6. Que tipo de célula é esta?

- Muscular

- Vexetal

- Nerviosa

- Sanguínea

Maná a solución e unha nova proposta.