Na era da constante distracción e a tensión, o "mindfulness" (atención plena) ofrece prácticas baseadas na respiración e relaxación para nenos, educadores e pais cun obxectivo: recuperar a súa capacidade de atención plena. A terapeuta e escritora holandesa Eline Snel é a referencia europea do mindfulness aplicado á educación. De entre os seus libros, destaca o bestseller publicado en vinte e sete países, “Tranquilos e atentos como unha ra”. Neste manual, desenvolve o seu método, “A atención funciona”, un traballo baseado no Mindfulness Based Stress Reduction (MBSR) do Dr Jon Kabatt- Zinn no MIT ( Massachusetts Institute of Technology). O método de Snel, coñecido como “o método da ra” polas súas explicacións sobre a atención e respiración tomando exemplos deste anfibio, aplícase en escolas de primaria e secundaria de países como Francia, Alemaña, Singapura e tamén España. No seu país, o Ministerio de Educación de Holanda decidiu ofrecer esta formación tamén a todos os mestres que o desexen. Sostén Snel que aínda que o mindfulness "non é unha variña máxica“, introducilo nas escolas é beneficioso para nenos e tamén para os profesores, unha das profesións máis esixentes do mundo, explica.