Ser nai, non quedar solteira, sentirse culpable por priorizar a túa vida profesional e aparentar estar sempre perfecta nas redes sociais. Estas son as catro "presións sociais" ás que se enfrontan as protagonistas da nova campaña publicitaria de Pavofrío, que acoden a unha medium co obxectivo de compartir estas tensións, convertidas en pantasmas, e librarse delas. Ao final do anuncio que hoxe se estrea en televisión e redes sociais, a recente campioa de Europa de halterofilia, Lydia Valentín, berra tamén "irvos" a estes estereotipos sociais.