Blogia
vgomez

UNHA LECTURA NA SEMANA DO LIBRO: "ESCRITOS SOBRE NATUREZA"

UNHA LECTURA NA SEMANA DO LIBRO: "ESCRITOS SOBRE NATUREZA"

Escritos sobre Natureza / Imaxe: libreriadesnivel.com

Nesta semaña na que se celebra o DÍA DO LIBRO, propóñovos unha lectura de temática ambiental, en castelán: "Escritos sobre Naturaleza" VOL I de John Muir (1838-1914).

Nunha vida de exploración, escritura e activismo político apaixonado, John Muir converteuse no voceiro máis elocuente de Estados Unidos sobre o misterio e a maxestosidade das paraxes naturais. A súa exploración do Gran Canón e do que máis tarde serían os parques nacionais de Yosemite e Yellowstone, as súas exitosas cruzadas para preservar o deserto, o seu percorrido temperán por Florida e a súa viaxe a Alaska en 1879 convertéronlle nunha figura crucial na creación do sistema de parques nacionais estadounidense e nun visionario profeta da conciencia ambiental, que fundou o Sierra Club en 1892. Pero tamén foi un mestre da descrición natural, que evocou con poder e intimidade únicos as paisaxes libres do oeste americano. John Muir, un dos pioneiros do que hoxe en día chamamos activismo ambiental, fusionou o seu amor pola natureza e a súa habilidade como escritor para elaborar estes ensaios, nos que expón por que é importante preservar e protexer os espazos naturais. Esta edición recompila as súas obras máis significativas e máis queridas en dous volumes. Este primeiro inclúe A historia da miña nenez e mocidade (1913), O meu primeiro verán na serra (1911) e Stickeen (1909), e complétase con tres ensaios máis breves: «Salvade a secuoya vermella», «A salvaxe» e «Os bosques americanos».

É un libro da editorial Capitán Swing e ISBN: 9788494808661

Que o disfrutedes!

0 comentarios