bosques

 

A contestación correcta á pregunta do día pasado é  LAURISILVA  . No Parque Nacional de Garajonay, na  Gomera, atópase un dos mellores exemplos de  laurisilva canaria. Trátase de bosques  relícticos do Terciario, cuxas especies puideron sobrevivir durante os cambios climáticos do  Cuaternario grazas ás néboas e á humidade presente na illa.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal destas aves non vive no bosque?

- Ferreiriño cristado

- Escribenta das canaveiras

- Peto real

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Revista Muy Interesante/Naturaleza