Sarah Foster, xornalista do Daily Mail, foi entrevistar aos socios do club Politeness de Londres no que para ser membro era necesario ter unha peculiaridade: ou dicir sempre a verdade, ou ben ser un mentireiro cando se está no club. Cando Sarah entrou estaban todos sentados ao redor dunha mesa circular. Preguntou a cada un se dicía a verdade ou mentía e cada un dicíalle que o seu veciño da esquerda era un mentireiro. Ao volver á redacción observou que deixara un dato moi importante para determinar quen eran mentireiros e quen non: esquecera contalos. Chamou ao secretario do club para aclarar a cuestión e este respondeulle que eran 37. Como non sabía se lle dicía a verdade ou mentía chamou ao presidente e respondeulle que o secretario era dos máis mentireiros, e que no club había 40 membros.
Quen dos dous mentía?
A solución mañá!
FONTE:muyinteresanye.es
Añadir un comentario