O pediatra e  divulgador Carlos  Casabona converteuse nun referente en nutrición e prevención da obesidade infantil. No seu libro "Ti elixes o que comes" e nas súas conferencias sobre pedagoxía nutricional,  Casabona achega claves para unha alimentación saudable. O pediatra explica que só se pode loitar contra as elevadas taxas de obesidade infantil a través da educación. O experto sinala o papel fundamental que teñen as familias para reverter esta situación ofrecéndolles pautas para axudarlles a escoller alimentos saudables e anima ás escolas para poñer en marcha programas de educación nutricional que xa funcionaron noutros países. “En Xapón existen leis que inclúen aos  dietistas-nutricionistas nos colexios, para deseñar os menús escolares e ensinar nutrición ao nenos… pero sobre todo aos pais, que son a clave. Só pódese ensinar a comer de forma saudable desde o exemplo”, conclúe  Casabona.