Blogia
vgomez

COCHES DO PASADO CON NOME PROPIO VIII

Continuando coa serie aos coches do século pasado con un nome propio peculair, hoxe falaremos do Tiburón.




O Tiburón é realmente o Citroën DS, un dos modelos máis lendarios da historia da automoción (1955-1975), coñecido polo seu deseño futurista e os seus avances tecnolóxicos, como a suspensión hidroneumática. O sobrenome estaba claramente xustificado pola súa liña agresiva.

O Citroën  DS apoiábase sobre catro esferas nas que o aceite (incompresible) era mesturado con nitróxeno (compresible), de forma que cumprían as funcións de peirao e  amortiguador. Bastaba con inxectar máis aceite na esfera, para que a columna deste aumentase e desta forma poder aumentar a altura do coche e viceversa.

Foi presentado oficialmente un 6 de outubro de 1.955 no Salón de París. Tiña un motor dianteiro, con catro cilindros en liña, con 1911 cc e 75 CV, o que lle permitía acadar unha velocidade máxima de 140 km/h.

Mañá, un novo coche! 

FONTE: motor.elpais.com e motormania.info
 

0 comentarios