Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CINE XI

A contestación correcta á pregunta do día anterior é 2001: Unha odisea no espazo. Esta película de 1968, marcou un antes e un despois no xénero de ciencia ficción, empregando revolucionarios efectos especiais e un gran realismo científico.

E imos coa proposta de hoxe:

11. Nunca un animal tivo tanto protagonismo. Estreouse en 1975 e a banda sonora de John Williams valeulle mesmo un Óscar. Unha de animais asasinos!

- Quenlla

- Anaconda

- Piraña

- Crocodilo

Mañá a solución!

FONTE: Idea orixinal de muyinteresante.es/cine/cultura/curiosidades

0 comentarios