Facebook Twitter Google +1     Admin

APRENDER LENTAMENTE

por vgomez el 07/06/2019 07:27, en OPINIÓN E COMENTARIO

 

No seu pobo non había escola e na súa casa non había libros. Os pais de Nuccio Ordine nin sequera chegaron ao instituto, pero el logrou converterse nun referente mundial sobre literatura clásica. É un dos maiores expertos no Renacemento e en teoría do xénero literario. “Amo a literatura porque tiven mestres que me fixeron amala. Cambiar a vida dun estudante é a misión máis importante dun educador”, asegura.

Profesor de Literatura Italiana na Universidade de Calabria, humanista, filósofo e escritor, alcanzou fama internacional polos seus estudos sobre Giordano Bruno. Ordine, reivindica a construción dunha sociedade mellor a través de valores humanistas. Sostén que “disciplinas como a música, a literatura, a arte, hoxe en día considéranse inútiles porque non producen ganancias, e son o coñecemento que máis necesitamos, porque poden facer á humanidade máis humana”. É o que el chama “a utilidade do inútil” e que dá título a un dos seus libros superventas, traducido a máis de vinte idiomas e que obtivo a consideración de Mellor Libro Humanista do ano 2017.

Nuccio Ordine reflexiona sobre as grandes transformacións da escola, da investigación científica e da sociedade. Considera que o ensino e a educación “constitúen unha forma de resistencia ás leis do mercado, á  mercantilización das nosas vidas e ao temible pensamento único”. Este sabio italiano convídanos a facer unha viaxe aos problemas do presente a través da literatura clásica.

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.