Facebook Twitter Google +1     Admin

CANTO SABES SOBRE OS MORCEGOS? IX

por vgomez el 14/09/2021 09:05, en DOCENCIA

Continúo coa serie adicada aos morcegos, a miúdo etiquetados como pragas chupadoras de sangue ou portadoras de patógenos potencialmente mortais, como os coronavirus, pero esa reputación oculta todas as cousas boas que fan, desempeñando un papel crucial en moitos ecosistemas ao polinizar plantas e cultivos, e regular as poboacións de insectos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Verdadeira. Algúns morcegos aliméntanse de sangue, é dicir, son hematófagos. Son os chamados morcegos vampiro dos cales coñécense 3 especies, o vampiro común (Desmodus rotundus), o vampiro de patas peludas (Diphylla ecaudata) e o vampiro de ás brancas (Diaemus youngi). Todas elas contan co sangue humano entre as súas preferencias culinarias e cazan en total escuridade. Como curiosidade, a súa saliva é especial, e conta con algúns compostos que evitan a coagulación e prolongan o sangrado.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Si, algúns morcegos aliméntanse de sangue. Pero como todo animal, os morcegos toman parte do que necesitan da natureza e tamén devolven a esta outra parte. Os morcegos ademais de controlar as poboacións de insectos como vimos con anterioridade, cumpren con outra importante función. Saberías dicir cal?

- Son eficaces polinizadores

- Son eficaces fertilizadores

- Ámbalas dúas respostas son correctas

Mañá a solución e unha nova pregunta!

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.