Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE BURKINA FASO? XI

Continúo coa serie adicada a de Burkina Faso, ese país africano, sen litoral, que durante moito tempo, foi coñecido como Alto Volta. Un país que ten una natureza espectacular!

A contestación correcta á pregunta de onte é Cabalo. O cabalo Dongola da afro-megafauna do Sahel occidental ou o semental branco de Dongolawi (Equus ferus caballus) é o animal nacional oficial de Burkina Faso. Esta figura aparece representada no escudo de armas do país, flanqueado por dous destes animais.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

11. A constitución de 1991 estableceu en Burkina Faso un sistema de goberno semipresidencial cun parlamento (Assemblée) o cal pode ser disolto polo presidente da República. Continúa actualmente este sistema de goberno?

- Si

- Non

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Cinco palabras do Samaín

Para que dicir ’ghalogüín’ se temos o noso Samaín? Velaquí cinco palabras que teñen que ver con estas datas!

#DígochoEu

CANTO SABES DE BURKINA FASO? X

Continúo coa serie adicada a de Burkina Faso, ese país africano, sen litoral, que durante moito tempo, foi coñecido como Alto Volta. Un país que ten una natureza espectacular!

A contestación correcta á pregunta de onte é 3. Parque nacional W, 2.350 km², creado en 1954. Parque nacional de Kaboré Tambi, 2.427 km², creado en 1976 como Parque Nacional del Po, pero foi renomeado na honra dun gardabosques do parque que foi asasinado por cazadores furtivos en 1991. Parque nacional de Deux Balés, 566 km², creado en 1937. Tamén conta cunha Reserva Integral de Fauna de Arli, 760 km², a miudo chamada Parque nacional de Arli, que ten continuidade no Parque nacional de Pendjari, en Benín e forma parte do Complexo W-Arly Pendjari.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é o animal nacional de Burkina Faso?

- Elefante

- León

- Cabalo

- Crocodilo

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: gl.wikipedia.org     Imaxes: mapasdelmundo.com e publicdomainpictures.net

#DígochoEu: Ollo con 'ambos' e con 'ambas'

🙋🏻‍♀️🙋🏻‍♀️ ’Ambos’ e ’ambas’ é o mesmo que dicir os dous ou as dúas, pero hai que prestar moita atención se vai cun substantivo. Sabes por que? 🤔

#DígochoEu

CANTO SABES DE BURKINA FASO? IX

Continúo coa serie adicada a de Burkina Faso, ese país africano, sen litoral, que durante moito tempo, foi coñecido como Alto Volta. Un país que ten una natureza espectacular!

A contestación correcta á pregunta de onte é Mouhoun. Os ríos que atravesan Burkina Faso son os que deron nome ao país en tempos pasados. Son o Volta Negro (Mouhoun), o Volta Blanco (Nakambé) e o Volta Vermello (Nazinon). O priemiro desles, Mouhoun (Volta Negro), é o único curso de auga permanente cunha conca de 92.000 km², atravesa o país ao longo dun 860 km, nacendo nas ladeiras setentrionais do macizo de arenisca do cantil de Banfora, nunha rexión onde as precipitacións superan os 1000 mm anuais. Ao principio flúe en dirección nordés, antes de curvarse bruscamente cara ao sur. Na confluencia co Sourou, a conca do Mouhoun e os seus principais afluentes (Plandi, Kou, Voun Hou) proporcionan un caudal medio de 25 m³/s. Con todo, este caudal é moi irregular.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Con cantos Parques Nacionais conta Burkina Faso?

- 1

- 2

- 3

- 4

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: geografia.laguia2000.com e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE BURKINA FASO? VIII

Continúo coa serie adicada a de Burkina Faso, ese país africano, sen litoral, que durante moito tempo, foi coñecido como Alto Volta. Un país que ten una natureza espectacular!

A contestación correcta á pregunta de onte é Ténakourou. O relevo de Burkina Faso está dominado por unha meseta central cunha altitude media de 400-450 metros, aínda que o punto máis alto é o Ténakourou, que alcanza os 747 metros e atópase no suroeste, quedando xusto na fronteira co veciño país de Malí.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é río máis grande de Burkina Faso?

- Mazinon

- Nakambé

- Pendjari

- Mouhoun

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: geografia.laguia200.com e er.wikipedia.org

#DígochoEu: Moito ollo con converter!

Sabes se estás conxugando ben o verbo converter? 🤔 Moita atención a este capítulo!

#DígochoEu

CANTO SABES DE BURKINA FASO? VII

Continúo coa serie adicada a de Burkina Faso, ese país africano, sen litoral, que durante moito tempo, foi coñecido como Alto Volta. Un país que ten una natureza espectacular!

A contestación correcta á pregunta de onte é 23 millóns de habitantes. Exactamente 23.549.000 habitantes. A modo comparativo, aproximadamente a mesma que Mali (23.294.0000) e case a metade que España (49.315.000)

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é o punto máis alto de Burkina Faso?

- Tonyo

- Ténakourou

- Tanlallé

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: gl.wikipedia.org e datosmundial.com    Imaxes: datosmundial.com e  geograf´fia.laguia2000.com