Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE ANDALUCÍA XV

Continúo coa serie adicada á comunidade autónoma de Andalucía, a segunda máis extensa de España, só por detrás de Castela e León.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é 3. Juan Manuel Moreno Bonilla (Barcelona, 1 de maIo de 1970) é o actual presidente de la Xunta de Andalucía desde 2019. A imaxe número 1 corresponde co actual Presidente do Parlamento Andaluz Jesús Aguirre e a número 2 corresponde a predecesora na Presidencia da Xunta de Andalucía Susana Díaz.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

15. Na seguinte serie hai un persoeiro que non é andaluz. Sabes cal?

1 Pablo Picasso

2 Lola Flores

3 Alejandro Valverde

4 Antonio Banderas

5 Victorio & Lucchino

6 Carolina Marín

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes: es.wikipedia.org, diesminutos.es e elmundo.es

CANTO SABES DE ANDALUCÍA XIV

Continúo coa serie adicada á comunidade autónoma de Andalucía, a segunda máis extensa de España, só por detrás de Castela e León.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é 2007. O Estatuto de Autonomía de Andalucía foi sometido a revisión en 2006, sendo a nova proposta aprobada por referendo o 18 de febreiro de 2007, e posteriormente sancionada pola Lei Orgánica 2/2007 do 19 de marzo. O articulado actual aprobado en 2007 atópase dividido en 10 títulos, con 11 disposicións ao final.  O título preliminar contén 11 artigos, o primeiro define a Andalucía como "nacionalidade histórica" e asigna que os poderes da comunidade autónoma "emanan da Constitución e do pobo andaluz". No artigo 2 define o territorio andaluz: O territorio de Andalucía comprende o dos municipios das provincias de Almería, Cádiz, Córdoba, Selecta, Huelva, Xaén, Málaga e Sevilla. No artigo 3 define os símbolos da comunidade, a bandeira, o escudo, o himno e o día de Andalucía, o 28 de febreiro. O artigo 4 establece a sede do Parlamento, da Presidencia da Xunta e do Consello de Goberno en Sevilla e a do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía en Granada.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Quen é o Presidente da Xunta de Andalucía?

- 1

- 2

- 3

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: compremejor.es e es.wikipedia.org

ENCRUCILLADO CLXXXV

VERTICAIS: 1. Capital e principal cidade de Burkina Faso 2. Planta arbustiva moi ramificada, con talos de ata un metro de altura, flores rosáceas e froito en drupa de cor branca ou rosada, propia das dunas e lugares areosos, e de nome científico Corema album 4. Elemento químico do grupo dos gases nobres, radioactivo, orixinado por descomposición do radio e de símbolo Rn 5. Porción de excremento compacta que se expulsa dunha vez 9. Endurecemento patolóxico dun tecido ou dun órgano.

HORIZONTAIS: 3. Montaña de 2.314,3 m.s.n.m., que forma parte do Sistema Ibérico, situada entre a provincia de Zaragoza (Aragón) e a provincia de Soria (Castela e León) 6. Paxaro da familia dos córvidos, de cor parda con tons azuis, brancos e negros nas ás, rabadilla branca, rabo negro e carapucha riscada de branco e negro, e de nome científico Garrulus glandarius 7. Río máis grande de Andalucía 8. Reunión nocturna de bruxos e bruxas na que supostamente aparecía o demo transmutado no corpo dun castrón 10. Alcohol de fórmula C2H5OH, incoloro e inflamable, compoñente fundamental das bebidas alcohólicas.

#DígochoEu: Como se di 🍍 en galego?

Cal é a forma correcta de dicir 🍍 piña en galego? Esther acláranolo!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ANDALUCÍA XIII

Continúo coa serie adicada á comunidade autónoma de Andalucía, a segunda máis extensa de España, só por detrás de Castela e León.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é 3. A saber… 1. Paque Nacional de Doñana (Huelva e Sevilla) 2. Parque Nacional de Serra Nevada (Almería e Granada) 3. Parque Nacional de Serra das Neves (Málaga).

E imos coa pregunta de hoxe!

13. O Estatuto De Autonomía de Andalucía foi aprobado en decembro de 1981, pero foi sometido a revisión e aprobado no ano…

- 2006

- 2007

- 2008

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: andaltura.com e todocoleccion.net

CANTO SABES DE ANDALUCÍA XII

Continúo coa serie adicada á comunidade autónoma de Andalucía, a segunda máis extensa de España, só por detrás de Castela e León.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Genil. É o segundo río máis longo da comunidade logo do río Guadalquivir, do que é afluente. Nace na provincia de Granada da unión do río Real e do Guarnón e desemboca no termo municipal de Palma del Río (Córdoba), pola marxe esquerda no Guadalquivir. É o afluente máis grande de España con 358 km.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cantos Parques Nacionais ten Andalucia?

- 0

- 2

- 3

- 4

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: iagua.es e tripkay.com

#DígochoEu: En galego non tes *legañas nos ollos

*Legañas non as temos nos ollos. Entón cal é a palabra correcta!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ANDALUCÍA XI

Continúo coa serie adicada á comunidade autónoma de Andalucía, a segunda máis extensa de España, só por detrás de Castela e León.

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Guadalquivir. Antigamente chamado Betis, nace en Cañada de las Fuentes, na Serra de Cazorla, Xaén, e percorre 657 quilómetros ata desembocar en Sanlúcar de Barrameda, Cádiz; pasando por importantes cidades como Córdoba ou Sevilla. É o río más longo de Andalucía e o quinto da península ibérica.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. O Guadalquivir, como acabamos de dicir, é o maior río de Andalucía, pero cal é o su maior afluente?

- Guadalimar

- Genil

- Guadaira

- Bembézar

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org