Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu:​ Non digas *anque

 

*Anque o teñas escoitado moitas veces, *anque non é correcto!   Esther Estévez Casado dinos a forma correcta.

#DígochoEu

#DígochoEu:​ Non digas *rutinario

 

En galego temos rutinas pero non temos nada *rutinario. Esther Estévez Casado acláranos a súa procedencia.

#DígochoEu

#DígochoEu: Aprende a entoar coas Tanxugueiras!

 

No #DígochoEu de hoxe imos aprender a entoar coas mellores mestras! Tanxugueiras (grupo folk galego formado por  Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío)

#DígochoEu:​ Non digas luces de *neón

 

Pois non! Non é correcto luces de *neón en galego! Esther Estévez Casado acláranolo.

#DígochoEu

#DígochoEu:​ Non digas *espalda

 

*Espalda é un castelanismo! No capíulo de hoxe Esther Estévez Casado cóntanos como é en galego!
 
#DígochoEu
 

#DígochoEu​: Truco para colocares ben os pronomes nunha redacción

 

Neste capítulo Esther Estévez Casado tráenos un truco infalible para non meter a zoca cos pronomes ao escribir!

#DígochoEu

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 12)

 

O TikTok do #DígochoEu traspasa fronteiras e cada vez máis xente de fóra descobre o galego! Hoxe, Esther Estévez Casado tráenos unha nova recompilación do máis viral!

#DígochoEu​: Non confundas 'tachar' e 'riscar'

 

Isto é moi útil para quen se dedica a escribir! Tachar existe en galego, pero quizais o estás confundindo con riscar! Esther Estévez Casado acláranolo.

 #DígochoEu