#DígochoEu: Como é? Galicia ou Galiza?
Galicia ou Galiza? Este asunto foi obxecto de moita controversia durante décadas! Esther explícanos todo o referente a esa controversia e a solución.
#DígochoEu
Galicia ou Galiza? Este asunto foi obxecto de moita controversia durante décadas! Esther explícanos todo o referente a esa controversia e a solución.
#DígochoEu
Os coches non circulan pola *carreteira!
#DígochoEu
Coidado cos #cibercarrachos 😈 neste verán. Atentos a este consello!
#DígochoEu
Remato coa serie adicada a Castela-A Mancha, esa comunidade autónoma do interior de España, famosa pola súa artesanía, polos monumentos únicos das súas cidades e por ser o escenario das aventuras do famoso personaxe literario Don Quixote da Mancha.
A contestación correcta á pregunta de onte e última da serie é Cervantes. Aínda que inmortalizou A Mancha coa súa obra Don Quixote da Mancha, NON era desta terra. Miguel de Cervantes Saavedra, naceu en Alcalá de Henares-Madrid o 29 de setembro de 1547 e morreu en Madrid o 23 de abril de 1616.
O resto de propostos si o son. A Saber…
Andrés Iniesta Luján (Fuentealbilla, Albacete, 11 de mayo de 1984).
Pedro Almodóvar Caballero (Calzada de Calatrava, Cidade Real, 25 de septiembre de 1949)
María de los Ángeles Rozalén Ortuño (Albacete, 12 de junio de 1986)
E así remato esta serie, esperando que servise para coñecer esta gran comunidade autónoma.
Ata a próxima serie!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
Continúo coa serie adicada a Castela-A Mancha, esa comunidade autónoma do interior de España, famosa pola súa artesanía, polos monumentos únicos das súas cidades e por ser o escenario das aventuras do famoso personaxe literario Don Quixote da Mancha.
A contestación correcta á pregunta de onte é 2. Emiliano García-Page Sáchez (Toledo, 1968) é o Presidente de Castela-A Mancha. O resto a saber…
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
15. Da proposta superior, hai un persionaxe que NON é natural de Castela-A Macha. Saberías atopalo?
Mañá a solución e fin da serie!
FONTE e imaxes: es.wikipedia.org
Aquí tedes todas as forma de abrir e cerrar en galego!
#DígochoEu
*Apacible é incorrecto en galego! Esther danos as alternativas.
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada a Castela-A Mancha, esa comunidade autónoma do interior de España, famosa pola súa artesanía, polos monumentos únicos das súas cidades e por ser o escenario das aventuras do famoso personaxe literario Don Quixote da Mancha.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1982. A Lei Orgánica 9/1982 do 10 de agosto do Estatuto de Autonomía de Castela-A Mancha foi aprobada polas Cortes Xerais e sancionada polo rei Juan Carlos I e o presidente do Goberno Leopoldo Calvo-Sotelo no Palacio de Marivent (Palma de Mallorca) o 10 de agosto de 1982. Foi reformado en 1991, 1994 e 1997 para aumentar as competencias autonómicas e as atribucións do Presidente da Xunta e comprende 54 artigos, organizados en 6 títulos, ademais das disposicións adicionais, transitorias, derrogatorias e final. En 2014 foi reformado por cuarta vez.
E imos coa pregunta de hoxe!
14. Quen é o Presidente actual de Castela-A Mancha?
- 1
- 2
- 3
Mañá a solución e última pregunta da serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: periodicoclm.publico.es, es.wikipedia.org e abc.es