Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: A ver se vas estar traballando para os #cibercarrachos sen ti sabelo!

Unha botnet é unha rede de computadores, dispositivos IoT (Internet das Cousas) e outros dispositivos que foron infectados con software malicioso (malware) e que son controlados remotamente por ciberdelincuentes para realizar actividades maliciosas. Atentos a información de Esther. Coidado cos #cibercarrachos 😈! 

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A TÁBOA PERIÓDICA? IV

Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.

A contestación correcta á pregunta de onte é 118. Son 118 elementos en total, aínda que os científicos está a tentar sintetizar novos elementos artificialmente, e polo que non se descarta que a lista poida aumentar tarde ou cedo.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Sabías que o wolframio foi descuberto polos irmáns Juan José e Fausto Elhuyar? Con todo non foi o único elemento descuberto por españois. No noso haber temos outros 2 descubrimentos máis. Sabes de cales se trata?

- O vanadio e o platino

- O ouro e a prata

- O francio e o curio

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: nationalgeographic.com.es/ciencia e es.wikipedia.org        Imaxes:  es.wikipedia.org e blog.uclm.es/fernandocarrillo

#DígochoEu: Pódese dicir chiquitín

Mellor non digas "chiquitín"! O diminutivo -ín non é moi galego! Esther danos as alternativas.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A TÁBOA PERIÓDICA? III

Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Deixou espazos para os elementos aínda non descubertos. Mendeléyev tamén prognosticou algunhas propiedades de elementos entón descoñecidos e que anticipou, ocuparían os lugares baleiros na súa táboa. Posteriormente, cando se descubriron os elementos en cuestión, demostrouse que a maioría das súas predicións eran correctas. Tamén a súa táboa baseouse no peso atómico dos elementos, e non no seu número atómico, clasificándoos mellor en familias.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Mendeléyev deixou espazos para os elementos non descubertos, e en total ordenou 63 deles. Desde entón a familia medrou. Sabes de cantos elementos se compón a táboa periódica na actualidade?

- 81

- 118

- 811

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: nationalgeographic.com.es/ciencia e es.wikipedia.org        Imaxes:  CC e nanationalgeographic.com.es

CANTO SABES SOBRE A TÁBOA PERIÓDICA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Dimitri Mendeléyev. En efecto, foi Dmitri Ivánovich Mendeléyev (8 de febreiro de 1834-San Petersburgo, 2 de febreiro de 1907) quen en 1869 presento a súa táboa dos elementos para ilustrar as súas tendencias periódicas e ordenalos en base ás súas propiedades químicas.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Mendeléyev deseñou a súa táboa case ao mesmo tempo que un químico alemán chamado Julius Lothar Meyer, quen a publicou un ano despois. Con todo finalmente impúxose a orde de Mendeléyev. Sabes cal foi o seu gran acerto?

- Deixou espazos para os elementos aínda non descubertos

- A súa táboa fundaméntase no peso atómico

- Ambas son correctas

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: nationalgeographic.com.es/ciencia e es.wikipedia.org        Imaxes: CC e es.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE A TÁBOA PERIÓDICA?

Todos, en maior o menor medida, estudamos a táboa periódica dos elementos. Esta é unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.

Popóñoche averiguar o que sabes ou o que recordas sobre ela. Anímaste? Pois alá imos!

1. Ao longo da historia houbo varias tentativas de organizar os elementos químicos, e a táboa periódica que coñecemos sufriu diversos cambios ao longo do tempo. Sabes quen foi o químico que ideou a táboa periódica coa que hoxe nos manexamos?

- Dimitri Mendeléyev

- Julius Lothar Meyer

- Antoine Lavoisier

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: nationalgeographic.com.es/ciencia e es.wikipedia.org        Imaxes: AgeFotostock e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Toma nota destes consellos para as túas compras en liña!

Esther danos unha serie de consellos cando compras en liña. Coidado cos #cibercarrachos 😈!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *logopeda

O especialista que traballa os trastornos da expresión oral non é o *logopeda. Entón como se di correctamente en galego? Esther acláranolo!

#DígochoEu