Blogia
vgomez

EFEMÉRIDES DO DÍA

TAL DÍA COMO HOXE: 23 DE XUÑO...

79 En Roma, o emperador Tito sucede ao seu pai Vespasiano como emperador.

1532 Enrique VIII de Inglaterra e Francisco I de Francia asinan un pacto secreto contra o rei Carlos I de España.

1812 Guerras Napoleónicas: Napoleón Bonaparte invade Rusia.

1868 Christopher Latham Sholes recibe a patente da primeira máquina de escribir.

1887 Canadá crea o primeiro parque nacional do mundo.

1923 En Vigo, fúndase o Real Club Celta de Vigo coa fusión do Fortuna e o Sporting Vigo.

1942 Segunda Guerra Mundial: Primeira execución en cámara de gas de xudeus en Auschwitz.

1991 Sega lanza o videoxogo Sonic the Hedgehog, que aparece primeiro en América e Europa, e para a videoconsola Sega Mega Drive.

1996 En Xapón lánzase ao mercado a famosa consola de videoxogos Nintendo 64.

FONTE: hoyenlahistoria.com       Imaxes: rcelta.es, edition.cnn.com e es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 22 DE XUÑO...

1815 Napoleón Bonaparte abdica por segunda vez.



1981 Publícase o primeiro gran éxito da banda española Mecano, Hoxe non me podo levantar.



2010 Comeza o Partido Mahut-Isner de Wimbledon 2010, que será coñecido como o partido de tenis máis longo do mundo, tanto en duración (11 horas e 5 minutos) como en número de xogos (183).

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: youtube.com e es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 21 DE XUÑO...

1831 Cyrus McCormick inventa a segadora.

1963 No Vaticano, o conclave de cardeais elixe a Giovanni Montini como papa. Este adopta o nome de Pablo VI.

2004 SpaceShipOne convértese no primeiro foguete espacial de orixe privada.

2006 Descóbrense dúas novas lúas de Plutón, que serán bautizadas como Nix e Hydra.

2013 Nos Estados Unidos e Colombia estréase a película de Disney, Pixar Monsters University.

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: es.wikipedia.org e fity.club

TAL DÍA COMO HOXE: 20 DE XUÑO...

1837 En Gran Bretaña, Alejandrina Victoria é coroada raíña do Reino Unido e de Irlanda co nome de Victoria I (comeza a era victoriana).

1867 En EEUU, o presidente Andrew Johnson adquire o territorio de Alaska aos rusos.

1990 En Europa proponse unha nova unidade monetaria (o ECU) para a Comunidade Europea.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 19 DE XUÑO...

1978 En EEUU nace a tira cómica Garfield.

1980 En Italia asínase o Convenio de Roma sobre obrigacións contractuais na Comunidade Económica Europea.

2004 No Kitt National Peak Observatory, en Arizona (EEUU), os astrónomos Roy Tucker, David Tholen e Fabrizio Bernardi descobren o asteroide Apofis.

FONTE: hoyenlahistoria.com   Imaxe: es.scribd.com  prezi.com

TAL DÍA COMO HOXE: 18 DE XUÑO...

1815 Na Batalla de Waterloo as tropas napoleónicas son derrotadas, polo que Napoleón Bonaparte ten que renunciar o trono por segunda vez.

1837 En España, a raíña rexente María Cristina de Borbón xura a Constitución de 1837, que é a de 1812 con algunhas modificacións.

1858 En Inglaterra, Charles Darwin recibe unha mensaxe de Alfred Russel Wallace na que inclúe a mesmas teoría da evolución que as súas. Isto anima a Darwin a publicar a súa teoría.

1881 En Vigo (España), sae da estación ás 6.40 o primeiro tren de viaxantes que fará o traxecto Vigo-Ourense.

1979 Estados Unidos e a URSS asinan o tratado SALT II.

1983 No transbordador STS-7, a astronauta Sally Ride convértese na primeira muller estadounidense que chega ao espazo

2004 Os países membros da Unión Europea aproban o proxecto de Constitución Europea (formalmente chamado «Tratado polo que se institúe a Constitución para Europa»).

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: hoyenlahistoria.com e vigoindustrial.com

TAL DÍA COMO HOXE: 17 DE XUÑO...

1763 Jacques Marquette e Louis Jolliet comezan a exploración do río Misisipi.

1867 Utilízase o primeiro tratamento antiséptico cirúrxico.

1885 A Estatua da Liberdade chega ao porto de Nova York.

1942 Primeira aparición das historietas de G. I. Joe.

1950 Realízase o primeiro transplante de ril.

1970 Paténtase a cámara Polaroid.

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: lasillarota.com e amazon.es

TAL DÍA COMO HOXE: 16 DE XUÑO...

1586 En Inglaterra, María Tudor, I de Inglaterra recoñece ao seu esposo, Felipe II de España, como o seu herdeiro.
 

1846 En Italia, Giovanni María Mastai Ferretti é elixido papa, adoptando o nome de Pío IX.

1960 Estréase a película Psicose, de Alfred Hitchcock.

1963 Valentina Tereshkova convértese na primeira muller cosmonauta da historia, ao participar na misión Vostok 6.

1978 En Estados Unidos estréase a película Grease.

1983 Yuri Andrópov é nomeado presidente da Unión Soviética.

FONTE: hoyenlahistoria.com   Imaxes: historia.nationalgeographic.com.es e filmaffinity.com/es